|
A punto de comezar as Xornadas de Artes Escénicas 2010 |
|
|
|
|
Por décimo primeiro ano consecutivo as Xornadas Artes Escénicas
levantan o pano.
A iniciativa levada a cabo por unha estreita relación de entidades
públicas como o Concello de Lugo e as entidades privadas Colexio Fingoi e
Escola Arte e Lecer coa colaboración de Palimoco Teatro, ten como
resultado este ano unha participación de 400 rapaces e rapazas que
subirán ao escenario mostrar a súa creatividade.
En total contaráse con 18 grupos e 18 actuacións en 9 días, dende o 24 de maio ata o 11 de xuño.
Este ano faise especial fincapé nos intercambios teatrales, pero tamén estarán
presentes, como anos anteriores, a danza, a música e o cine co curtocine Fingoi.
Estas Xornadas agardamos traian emocións, sorrisos, soños que cada ano se ven nas caras dos que participan, tanto activamente como a dos espectadores que voan coa imaxinación dos que contan historias.
|