| Segundo día das XXAAEE 2010 |
|
|
|
|
O segundo día das Xornadas de Artes Escénicas comezou ás 10.30 h. da mañá cunha obra de teatro do grupo "Algo máis que pan e queixo" de Friol (Lugo), cunha reflexión da situación da muller na actualidade a partir da lenda da Dama da Torre de San Paio de Narla. Por outra banda, ás 12.30 h. tamén houbo lugar para unha peza de amor, relacións familiares, amizade, consumismo, adiccións... representada polo grupo de Teatro Solidario As Insuas de Muros (A Coruña).
Para rematar o día, ás 17.00 h., "Palabras", coas que tamén se reflexiona sobre as primeiras relacións de parella, os efectos das drogas, o respecto, as dificultades no trato coa familia, a cultura, a autoestima...a vida. Esta última é unha creación da Aula de Teatro do C.P.I. de Vedra e do C.P.I. de Touro (Santiago de Compostela). Seguimos co intercambio de experiencias no Centro Sociocultural de Fingoi. Agardámosvos.
O grupo do colexio lópez Suárez de Friol.
Momento da actuación do grupo das Insuas, Muros.
|