Advertisement
Advertisement
Advertisement
Inicio
Novo premio para UpiasKa PDF Imprimir Correo-e
upiaska-premio-orense-134.jpgO grupo de Teatro UpiasKa Teatro recolleu onte 25 de maio de 2010, no Teatro Principal de Ourense, un novo recoñecemento a Obra Antígona nos Premios Buero Vallejo, recibindo o 3º Premio Autonómico. A obra xa recibíu tamén en outubro pasado o 3º premio no GZ.

 

   

 

Historial do grupo:

UpiasKa, compañía de teatro experimental, foi creada fai 5 anos na Escola Arte e Lecer Fingoi co obxectivo de dar cabida a tódalas inquietudes teatrais que puidese ter un grupo de adolescentes residentes en Lugo. Está dirixido por Paloma Lugilde.
O seu bagaxe teatral comprende as seguintes obras:
"Berros" (2005), "Gheto" (2006), "Os Miserables" (2007), "Across the universe" (2008) e "Antígona". Esta última obra estreárona no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 6 de maio de 2009 e participaron tamén na Mostra de Teatro de Rábade, así como na clausura das XXAAEE 2009, organizadas no colexio Fingoi. Actualmente están traballando no proxecto Caixaescena con "Hamlet", que estrearán este 29 de maio de 2010 nas Xornadas de Artes Escénicas Fingoi.

 

Premios recibidos anteriomente:

 Reciben o 2º premio autonómico e mención especial á iluminación e dirección por Gheto, obra pola que Javier Ferreiro López recibiu o premio ao mellor actor no Campamento de Teatro de Antas de Ulla.
Os premios Buero Vallejo de Teatro Novo por segundo ano consecutivo mencionan á compañía polo seu traballo corporal e coreográfico coas súas obras "Gheto" e "Os Miserables".
3º premio GZ 2009 por Antígona.

upiaska-premio_orense-450.jpg

 

 





Recuperar a chave?

Advertisement
Advertisement
Advertisement