Advertisement
Advertisement
Advertisement
Inicio
O Teatro na Escola Arte e Lecer PDF Imprimir Correo-e
Tanto o Teatro como a Danza axudan ó desenrolo da persoa. Como punto de formación, convivencia, intercambio e creación.
TEATRO  1: - 4 A 6 ANOS:
  Desfrutar coa imaxinación e deixandonos levar polo propio corpo e as propostas que van xurdindo do grupo que se vai formando. A partir do coñecemento e a consciencia do corpo como un instrumento maravilloso que nos permite soñar e crear. A creación colectiva.
fill.gif
 TEATRO 2  6 A 10 ANOS- TEATREA
  O coñecer o meu propio corpo, movelo, comprendelo, coidalo, escoitalo. E da escoita do meu corpo escoito os do meu compañeiro e xuntos formamos un grupo que xuntos aprenden, investigan e xogando coa imaxinación crean e gozan
TRASNADAS. DE 10 A 13 ANOS
  Este grupo nace no ano 2009 en xaneiro (dirección: Paloma Lugilde). Participa no Proxecto Caixaescena co estudo teatral Xulietas estreandó en Santiago de Compostela o 6 de maio do 2009 no Salón Teatro. No 2010 asume  adirección deste grupo Paula Buján
O meu corpo aprende e sendo conscente do seu coidado desfruta co colectivo e con el busca, experimenta , se documenta e aprende. Primeiros pasos no entrenamento de actor e na procura do corpo da voz. Podo ter materiais diversos par construir personaxes fantásticos ou reaiis. Podo ser quen de crear un esquema do que xurda unha dramaturxia que poder levar a escea. Tamen podo intervir un espazo.

UPIASKA. 13 a 18 anos
  Compañía de teatro experimental creada fai  6 anos na Escola Arte e Lecer e dirixida por Paloma Lugilde.
  Publican e colaboran no proxecto Esperta Zoe coa  obra Berros
  Recibíu o 2º premio autonóminco e meción especial a iluminación e dirección por Gheto, obra pola que Javier Ferreiro recibíu o premio a millor actor no Campamento de Antas de Ulla. Os premios Buero Vallejo de Teatro Joven por segundo  ano consecutivo mencionan a compañía polo seu traballo corporal e coreografía coa obra Os Miserables.
  No 2008 crean Across the Universe . Son constantes as súas saidas e intervencións nas actividades culturais da cidade (Letra Viva- Intervencións con Amnistía Internacional).
  No 2009 formaron parte do proxecto Caixaescena coa obra Antigona de Jean Anoihl. Estreada no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 6 de maio e participate na Mostra de Rábade así como na clausura das XXAAEE na Praza de Santa María.
  Premiado co 3º Premio do GZ por Antigona de Jean Anouilh e o 3º Clasificado autonómico nos Premios Buero Vallejo
  Traballase entrenamento de actor. O corpo da voz. Dramaturxia. Construcción de personaxe. Historia do tearo. Escenografía. Posta e escena. Maquillaxe. Vestiario.
 TALLER DE ARTE DRAMÁTICA
  • Entrenamento de actor
  • Teoria Teatral
  • Corpo da Voz
  • Dramaturxia
  • Danza teatro
  • Maquillaxe
  • Interpretación
  • Iniciación a iluminación
  • Construción da personaxe
  • Intervencións espaciais
  • Comedia do arte
  • Performance
  • Clown
  • Espacio éscénico- Movemento escénico
  • Bufón
  • O espectáculo: Documentación, dramaturxia, ensaios e posta en escena
Vestimenta necesaria en teatro, entrenamento de actor e corpo e voz:
  • Até 10 anos roupa cómoda
  • De 10 anos para diante ropa de entrenamento

EQUIPO DE PROFESORES:
O equipo pedagóxico de Palimoco Teatro . Ver web www.palimoco.com
Paula Buján
Paloma Lugilde


Coordina
Palimoco Teatro


  Cada trimestre faránse audicións no caso de danza abertas e mandarase un seguimento  a casa do alumnado. Dependendo dos niveis os obxetivos son diferentes.

  O equipo de profesores pode en calquera momento do ano aconsellar aos pais ou titores unha súbida de nivel ou un reforzo atendendo a evolución do alumno/a

  No caso de saidas, actuacións fora do Centro será pedida autorización.

  Para calquera dúbida por favor poñánse en contacto con nós a través da secretaria do centro.

 


 





Recuperar a chave?

Advertisement
Advertisement
Advertisement