Experiencias globalizadoras: unha educación galega e intercultural

Desde os seus inicios, o Colexio Fingoi foi moi respectuoso coa cultura galega: lingua, festas, historia, manifestacións folclóricas e artísticas, etnografía,… Somos conscientes da interdependencia cada vez maior entre os distintos pobos do planeta e pretendemos que os nosos alumnos se sintan europeos e cidadáns do mundo, crezan abertos, curiosos, respectuosos coa diversidade de pobos e persoas, conscientes do relativismo cultural.

Tratamos de conxugar a cultura e os valores do pasado do noso pobo galego cunha preparación para o futuro, conscientes da importancia da identidade da orixe nun planeta globalizado, e da necesidade de saber expresarse a través de todas as linguaxes nesta sociedade da información e comunicación.

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034