Con motivo da celebración desta tradición de outono, o alumnado de 6º EP coordinou as actividades do pasado día 13 de novembro, para que todos os grupos de EI, EP e ESO poidesen disfrutar das castañas asadas. Posteriormente, os grupos de primaria amosaron, tanto bailando como cantando, os seus coñecementos de música tradicional.

A continuación tedes o video-resumo da xornada (pulse sobre a imaxe para comezar a reproducción do video):

 Ademáis, o alumnado de 3º e 4º de E.P. investigou sobre a tradición do Magosto na área de Galego e Teatro, e na área de Plástica realizaron unhas pinturas nas que se representaron eles mesmos a partir da súa silueta nunha paisaxe de outono. E como final do proxecto, fixeron unha versión da canción que aprenderon durante o traballo: o ”Rap do Magosto”, tomada do libro-cd Brinca Vai e cantada por Paco Nogueiras.

A continuación tedes o video:

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034