No Colexio Fingoi unímonos á celebración desta data proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
En 1° EP elaboraron postais ilustrando versos de Rosalía e hoxe van a Correos a envialas ás súas casas como agasallo ás súas familias.

Os alumnos de ESO e BAC van participar na actividade #mobilizarosalía, que consiste no envío masivo e simultáneo do verso de Rosalía do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) “Trocando en sonrisas / queixiñas e choros” desde os seus terminais móbiles.

Animámosvos a participar nesta xornada regalando un libro en galego e unha flor.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034