Fingoi participa no programa Voz Natura

 

O Colexio Fingoi participa neste curso no programa Voz Natura, o programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia.

Deste xeito, en Educación Primaria puxemos en marcha a iniciativa “Recuperando a horta dos nosos avós”, consistente na creación dun banco de sementes facendo especial fincapé no reproducción e almacenaxe dos legumes.

O noso proxecto medioambiental xurdiu a partir de dous eixes globalizadores: por un lado os obxectivos do Desenvolvemento Sostible da ONU e o Ano Internacional dos legumes secos 2016.

 

 


Para comezar, o grupo de 6º EP investigou sobre os bancos de sementes e a súa importancia ecolóxica e os beneficios dos legumes como fonte de proteína na dieta e a mellora dos solos. O resultado da investigación foi presentado ao resto de cursos de primaria e secundaria, que a partires dese momento puxéronse en marcha para buscar e almacenar sementes propias da zona.



O seguinte paso será o cultivo das sementes dispoñibles e o  rexistro das características das diferentes plantas.

Ó final do ciclo as sementes serán recollidas para almacenalas e intercambialas cos nosos donantes iniciais. Deste xeito preténdese fomentar a biodiversidade das especies de legumes a nivel rexional.  

Podedes seguir os nosos avances no proxecto no blog que creamos dentro da web Voz Natura. Ésta é a primeira entrada, titulada “O noso banco de sementes xa está en marcha”.

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034