Chegou o Entroido, a gran festa das festas!

Todo un compendio de creativa espontaneidade por unha banda, e de repetición de seculares rituais, por outra.

Este ano, no Colexio Fingoi plantexamos como proxecto globalizador a recuperación do Entroido tradicional galego. Fíxose unha investigación etnográfica nas áreas de Galego e Antropoloxía; en Música adaptamos os ferretes á coplas populares, e xunto ca área de teatro, representamos os desfiles e danzas das distintas zonas de Galicia; e na área de Plástica elaboraron os disfraces e as máscaras.

O día 11 de febreiro aplicamos o aprendido nun pasarrúas polos arredores do colexio. Cantamos, bailamos e interpretamos os diferentes persoeiros do Entroido!

Finalmente, recompilamos toda a información obtida durante todo o proxecto nun libro que está á vosa disposición.

A continuación podedes ver o video-resumo da festa do 11 de febreiro de 2016:

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034