O xoves 19 de maio de 2016 pola mañá desfrutamos da festa das Letras Galegas no patio do colexio. Os cursos de Infantil e de Primaria cantaron poemas de “Os soños na gaiola” e bailaron ao ritmo do grupo de música tradicional, mentres o alumnado de 4º de secundaria recitaba e lembraba verbas de Manuel María, o poeta homenaxeado neste ano. Previamente os alumnos de 4º ESO foron en abril a visitar a casa do poeta en Outeiro de Rei para coñecer máis a fondo a súa figura e ter deste xeito unha perspectiva máis humana do autor.

A continuación tedes un video que resume a celebración:


Manuel María aprendeunos a valorar a nosa cultura e as nosas raíces. Él tamén denunciou a desaparición das nosas festas e a nosa música, dicía:


 

Á sombra das vellas carballeiras
    

xa non se escoitan muiñeiras
    

como no tempo dos avós.

 

Así que nós quixemos reivindicar o noso patrimonio e bailamos a muiñeira de Piornedo, un maneo de Limiñoa, o baile da Aña, danzas procesionais, unha xota cruzada, ...e unha coreografía de fusión,  montada con primaria e as alumnas de Hip-Hop para rematar cunha coreografía divertida, e ao mesmo tempo comprometida coa nosa tradición e co noso futuro, como a obra de Manuel María.

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034