Exposición de 1º EP: Salvar o Ártico

Estos días de outubro, o alumnado de 1º de primaria estivo a traballar nun proxecto sobre o cambio climático. Unha das actividades que xurdiu foi a de coñecer a composición musical do prestixioso pianista italiano Ludovico Einaudi. A través da música, Ludovico uníuse á petición de Greenpeace e das oito millóns de persoas de todo o mundo que piden a protección do Ártico, compoñendo unha peza titulada “Elexía polo Ártico”. Sobre unha plataforma flotante en mitade dese océano, frente ao glaciar Wahlenbergbreen (en Svalbard, Noruega) o pianista fixo a estrea da súa composición. Despois de escoitar e ver a obra plantexouse como poder unirnos tamén nesa loita co que está a pasar no Ártico e decidiron realizar uns carteis sobre o tema. A continuación tedes dous exemplos creados por eles. O resto dos carteis está exposto no corredor da biblioteca do colexio.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034