Desde os seus inicios, o Colexio Fingoi foi moi respectuoso coa cultura galega: lingua, festas tradicionais, historia, manifestacións folclóricas e artísticas e etnografía; polo que tódolos anos se organizan diferentes proxectos colaborativos interetapas, niveis, etc, que poñen en valor as nosas tradicións e a nosa cultura galega. No mes de novembro os alumnos de EI e EP, coa fin de celebrar o Outono, fan diferentes actividades que rematan nun Magosto animado cunha Foliada onde participan tódolos nenos destas etapas. Intervén todo o seu profesorado e para este evento en especial as profesoras de música e coro: Paloma Suanzes e Tania Capón, así como os profesores de Cultura Tradicional Xabi Iglesias (danza galega), Pepe Vaamonde e Adrián Balboa (gaita e percusión galega).

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034