3º ESO: intercambio con Francia

Do 2 ao 9 de novembro, os alumnos de 3º ESO realizaron a segunda parte do intercambio co colexio Descartes de Antony: a viaxe a París.
Despois de que os alumnos franceses visitaran a nosa cidade no mes de outubro, foi o turno dos nosos alumnos, que pasaron unha semana nas familias dos seus compañeiros franceses.
Durante esa semana, realizaron visitas aos monumentos emblemáticos de París como a torre Eiffel, os museos do Louvre e de Orsay, as cidades da Música ou das Ciencias ou o Museo de Historia Natural. Ademáis, conviviron coas familias francesas e pasaron unha mañá no colexio Descartes.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034