Un ano máis o Colexio organiza o PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN IRLANDA, dirixido aos alumnos de ESO do Colexio Fingoi do vindeiro curso 2017 -2018.

Este proxecto, organizado a través de Schools of Ireland, consiste nunha estancia de cinco semanas durante os meses de setembro - outubro 2017 en Irlanda, acompañados por un profesor do Colexio Fingoi.

Os nosos alumnos experimentarán unha inmersión real xa que vivirán con familias, onde serán os únicos estudantes españois, e estudarán en colexios irlandeses. Polo tanto, integraranse nun entorno totalmente de fala inglesa, supervisados en todo momento por un profesor do noso colexio para axudalos ante calquera dificultade.

Na sección de descargas para pais/nais desta web está dispoñible a carta para a reunión informativa para pais/nais que se vai celebrar próximamente.

 

 Pulse sobre as imaxes para ver os resumos de anteriores Programas de Inmersión Lingüística:

        

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034