Tiro con arco 2016-17

Os alumnos/as de 1º ESO a 1º BAC participaron, entre os días 13 de decembro e 31 de xaneiro, nun programa de promoción, difusión e iniciación ao tiro con arco. Da man de Alfonso Villamiel, presidente do CELTA (Club Escola Lucense de Tiro con Arco), adestrador nacional e responsable da Escola Deportiva de Tiro con Arco do Concello de Lugo, puideron coñecer os aspectos máis relevantes desta disciplina deportiva. Ao longo das 6 sesións que dedicou a cada un dos grupos foise pasando dun achegamento a nivel teórico (charlas, vídeos, materiais, etc.) á parte práctica: determinación do ollo director, exercicios de técnica con gomas e finalmente, uso de arcos de iniciación para o tiro instintivo a distintas distancias.

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034