Bautismo de mergullo en piscina 2017

Do mesmo xeito que en anos anteriores, parte do alumnado entre 1º e 3º E.S.O. iniciouse o pasado sábado 28 de xaneiro de 2017 no mundo do mergullo. Esta actividade, programada polo Departamento de E.F. en colaboración co Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, levouse a cabo nas instalacións da piscina municipal de Frigsa. Ao longo da mañá, e sempre da man de instrutores e monitores con moita experiencia, os/as participantes puideron poñer en práctica algunhas nocións básicas sobre o emprego da máscara, as aletas, o jacket, a botella ou o regulador.

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034