ACTUALIZACIÓN:

Resumo da celebración do Entroido:

 


 

Dende o Colexio Fingoi queremos convidarvos a participar do Entroido Tradicional Galego.

Este ano o noso proxecto xira en torno ás distintas personaxes que enchen de ilusión e cor estas datas tan representativas da nosa cultura.

 



A festa de Entroido terá lugar o xoves 23 de febreiro ás 15.00 h

no patio interior do colexio

e será para as etapas de E.I., E.P., E.S.O e BAC.

 



Despois, faremos un pasarrúas arredor do centro educativo, desfilando polo barrio de Fingoi.

Descarga o programa de man do acto (pdf, 283 kB)

Un dos aspectos clave do noso pasarrúas vai ser a figura do folión, que toca uns ritmos característicos e que todos debemos acompañar coas palmas (ver Video ritmos do Folión).


Para acompañar ao folión recomendamos traer algún detalle que indique que estades de Entroido.

 

Ímolo pasar en grande, vide con ganas de participar!

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034