O próximo xoves 4 de maio de 2017, a las 17:30 horas o Colexio Fingoi celebrará unha Xornada de Portas Abertas para todas aquelas persoas interesadas en coñecer a nosa oferta educativa e académica.

 

En qué consisten unhas Xornadas de Portas Abertas de Educacion Infantil?

Acompañados por membros do Equipo Educativo e Directivo do colexio, os asistentes terán ocasión de ir percorrendo as aulas de dous, tres, catro e cinco anos, para coñecer as actividades habituais que realizan os nenos e nenas durante a súa xornada escolar. Os asistentes recibirán unha explicación sobre estas actividades, os materiais empregados, a adecuación das instalacións ás necesidades dos máis pequenos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe seguido, etc. As rutinas de vida cotiá, a atención e satisfacción das necesidades básicas dos máis pequenos, o xogo, a educación medioambiental, a iniciación progresiva á linguaxe oral e escrita, a utilización, dende os dous anos, do galego, o castelá e o inglés como idiomas vehiculares, son algunhas das características que poderán observar durante o percorrido. Para valorar a continuidade e coordenación pedagóxica a visita remata percorrendo algunhas aulas de Primaria e as instalacións comunes, de xeito que podan coñecer as estratexias que vimos empregando para que os nenos e nenas superen os cambios e se adapten ás novas situacións.

 

En qué consisten unhas Xornadas de Portas Abertas de Educacion Primaria?

Do mesmo xeito, na compaña de membros do Equipo Educativo de Educación Primaria percorreremos as aulas de Primaria, podendo observar a organización que temos establecida para facilitar a adaptación dos nenos e nenas de E. Infantil a Primaria, e de Primaria a Secundaria. O percorrido, polo tanto, finaliza visitando as aulas específicas para cada área compartidas polos alumnos/as de Primaria e Secundaria. Trátase dunha das notas características da nosa metodoloxía e poderanse valorar as posibilidades de aprendizaxe que ofrecen estas aulas especializadas por materia, con materiais para investigación e aprendizaxes de primeira man: aulas de Lingua, Matemáticas, Medio e horto, Plástica, Idiomas, TICs,… A visita permite observar cómo aprenden os alumnos sen utilizar libros de texto de editoriais comerciais, cómo comparten materiais comúns, sen necesidade de que cada un veña cargado cos seus propios materiais, cómo aprenden a partir da experimentación, os altos niveis acadados cunha metodoloxía que respecta as diferenzas individuais.

 

En qué consisten unhas Xornadas de Portas Abertas de Educacion Secundaria e BAC?

As persoas que desexen coñecer o funcionamento das aulas e a oferta educativa e académica que ofrecemos na Educación Secundaria Obrigatoria e Postobrigatoria percorrerán o Centro, en compaña de membros do Equipo Educativo. Visitaremos as aulas específicas que diariamente utilizan os alumnos e teremos ocasión de observar o funcionamento diario desas clases, o xeito en que se abordan os contidos, os materiais cos que investigan os alumnos. Outra das notas características do Centro son os Estudos Asistidos e sesións de Reforzo Pedagóxico, impartidas polos seus propios profesores, que facilitan aos alumnos estar ao día en cada unha das asignaturas, recibindo unha atención especial nas súas dificultades de aprendizaxe e un apoio para ir desenvolvendo hábitos de estudo e de traballo. Outra das notas características da Oferta Académica do Colexio Fingoi, que poderán observar ao longo da visita, é a optatividade que ofrece aos seus alumnos. Temos as tres modalidades de Bacharelato (Ciencias, Artes, Humanidades e Ciencias Sociais) e unha ampla gama de optativas en E.S.O. que facilitan unha preparación básica para abordar os contidos de cada un deles. Somos o único centro privado que oferta o Bacharelato de Artes. Os alumnos de Secundaria e Bacharelato contan coa posibilidade de ampliar os seus coñecementos de galego, castelá, inglés e francés. 


A estas Charlas asistirán representantes do profesorado, ademáis de membros do Equipo Directivo, contestando ás súas preguntas e dando unha breve explicación sobre a metodoloxía empregada, o funcionamento das titorías, os niveis acadados na Selectividade, a preparación coa que rematan os estudos os nosos alumnos, podendo optar por seguir os seus estudos tendo en conta os seus gustos e capacidades. 
As notas obtidas en Selectividade permítenlles elexir carreira e superar os estudos posteriores con éxito porque teñen amplos coñecementos básicos, e uns hábitos de estudo autónomos e de investigación que facilitan a integración nos Centros Superiores e Universidades e o éxito nos seus futuros resultados. Os nosos Antigos Alumnos avalan a veracidade do que dicimos.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034