Sostendo o mundo

 

De seguido comeza o verán e con él ven o Verán Fingoi 2017!

Este ano, ven ó Verán Fingoi e aventúrate da man de Gloria Fuertes, de Carlos Casares e do Principiño nunha experiencia sensorial a través dos catro elementos: Terra, Auga, Aire e Lume!

 

Seremos os verdadeiros amigos da Terra!

 

As actividades que temos preparadas este ano comprenden obradoiros e actividades grupais:

horto, espertar o corpo, manualidades, experimentos científicos, obradoiros de cociña, etc, dramatizacións, disfraces e maquillaxes... Tamén sairemos á nosa contorna e teremos unha convivencia nocturna: "Noite na bilbioteca".

E no Acto de Clausura haberá sorpresas!

 

HORARIO

  A xornada é completa dende as 10:00 ata as 16:00 horas, con horario ampliado de mañá de 09:00 a 10:00 horas.

PREZO:

 295 euros (con un 15% de desconto no 2º fillo e un 30% no 3º).

 Idade: de 3 a 8 anos.

 

O PREZO INCLÚE:

   - Actividades, material, saídas con desprazamento.
   - Almorzo e xantar, con dietas sás e equilibradas.
   - Profesorado titulado especialista do Colexio Fingoi.
   - Horario ampliado.
   - Seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

O equipo humano que leva a cabo todas as actividades do Verán Fingoi son profesores do Colexio, especialistas en Educación Infantil, educación artística, ambiental e psicomotricidade.

 

 

Descargue o FOLLETO INFORMATIVO (PDF)

 

 

 

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

 

Descargue a FICHA de INSCRICIÓN (pdf) e remítaa cuberta a:

mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tel: 982 221 630 / 982 284 094

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034