O pasado 26 de outubro de 2017, o alumnado de 1º Bacharelato do Colexio Fingoi interpretou na praza de Santa María en Lugo a obra de danza-teatro titulada “Todas as cartas de amor son ridículas”, dentro do festival Cartografía en Movemento, da asociación 3monos.

Esta interpretación foi o resultado final dunha proposta interdisciplinar para estudiar a figura literaria de Fernando Pessoa, o amor dende un punto de vista filosófico e a educación corporal e creatividade a través da danza-teatro.

O proxecto estivo a cargo de Cris Vilariño, Nieves Neira, Eva Valle e Iria Otero e foi coordinado pola profesora de Filosofía Zeltia Laya.

 

 

DESCARGAR Artículo en El Progreso 25 outubro 2017 (pdf, 1,7 MB)

 

 

 

 

Resumo da actuación (3:48 min)

 

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034