1º BAC visita AMSlab

Os alumnos e alumnas de 1º BAC de Física e Química acudimos o pasado 2 de febreiro de 2018 ás instalacións de AMSlab, situadas no polígono do CEAO, en Lugo. Neste laboratorio o equipo científico recibe diferentes mostras que someten a distintas probas físicas e químicas co fin de obter resultados sobre a súa calidade, composición ou resolver diferentes dúbidas que pode ter o cliente respecto ó produto. Para levar a cabo estas investigacións emprégase a maquinaria máis novidosa e actual do mercado.

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034