Gran éxito do Colexio Fingoi no Campionato Provincial de Orientación

O pasado xoves 1 de marzo todos os alumnos/ as de 1º, seis de 2º e un de 4º de E. S.O. participaron, como nos últimos anos, no Campionato Provincial Escolar de Orientación a pé. Esta actividade, organizada polo Club Fluvial e a Xunta de Galicia a través do programa  Xogade, tivo lugar no Parque da Milagrosa.

Participaron na mesma ao redor de 400 mozos e o Colexio Fingoi cultivou un gran éxito ao conseguir varias medallas:


- En categoría Infantil Feminina (nadas en 2004 e 2005), Teresa Piñeiro proclamouse campioa provincial, Candea Cabanas foi subcampiona e Laura Cerqueiro obtivo a 3ª posición, copando deste xeito o podio.
- En Infantil Masculino, Pablo Martínez tamén obtivo a medalla de ouro, mentres que Iván López alcanzou a prata. Alejandro Ansede, pola súa banda, finalizou 4º e quedou a poucos segundos de ser bronce e completar outro podio de Fingoi.
- En Cadete Feminino (2002 e 2003) non acudimos con ningunha representación.
- En Cadete Masculino, Pablo Fernández tamén subiu ao caixón máis alto ao proclamarse campión na súa categoría.

Con anterioridade á devandita competición desenvolvéronse no colexio sesións de Educación Física, tanto a nivel teórico como práctico, nas que traballaron as nocións básicas deste deporte como a colocación do mapa segundo os elementos de referencia, o emprego do cartón de control, etc.

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034