O próximo martes 8 de maio de 2018, ás 10:00 horas, o Colexio Fingoi celebrará unha Xornada de Portas Abertas para todos aqueles pais e nais de novo ingreso interesados en coñecer a nosa oferta educativa e académica para Educación Primaria.

 

 

En que consisten unhas Xornadas de Portas Abertas de Educación Primaria?

 

Na compaña de membros do Equipo Educativo de Educación Primaria percorreremos as aulas de Primaria, podendo observar a organización que temos establecida para o desenvolvemento do noso Proxecto Educativo.  

No percorrido visitaremos distintas aulas, algunhas de xeneralistas e outras específicas para cada área, podendo valorar as posibilidades de aprendizaxe que ofrecen, con materiais para investigación e aprendizaxes de primeira man: aulas de Lingua, Matemáticas, Medio e Horto, Plástica, Música, Teatro, Idiomas…

A visita permite observar como aprende o alumnado sen utilizar libros de texto de editoriais comerciais, como comparten materiais comúns, aportados desde o Colexio, como aprenden a partir da experimentación ou o traballo en grupos reducidos, empregando unha metodoloxía que respecta as diferenzas individuais.

 


 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034