En qué consisten unhas Xornadas de Portas Abertas de Educacion Secundaria e BAC?

As persoas que desexen coñecer o funcionamento das aulas e a oferta educativa e académica que ofrecemos na Educación Secundaria Obrigatoria e Postobrigatoria percorrerán o Centro, en compaña de membros do Equipo Educativo. Visitaremos as aulas específicas que diariamente utilizan os alumnos e teremos ocasión de observar o funcionamento diario desas clases, o xeito en que se abordan os contidos, os materiais cos que investigan os alumnos. Outra das notas características do Centro son os Estudos Asistidos e sesións de Reforzo Pedagóxico, impartidas polos seus propios profesores, que facilitan aos alumnos estar ao día en cada unha das asignaturas, recibindo unha atención especial nas súas dificultades de aprendizaxe e un apoio para ir desenvolvendo hábitos de estudo e de traballo. Outra das notas características da Oferta Académica do Colexio Fingoi, que poderán observar ao longo da visita, é a optatividade que ofrece aos seus alumnos. Temos as tres modalidades de Bacharelato (Ciencias, Artes, Humanidades e Ciencias Sociais) e unha ampla gama de optativas en E.S.O. que facilitan unha preparación básica para abordar os contidos de cada un deles. Somos o único centro privado que oferta o Bacharelato de Artes. Os alumnos de Secundaria e Bacharelato contan coa posibilidade de ampliar os seus coñecementos de galego, castelá, inglés e francés. 


A estas Charlas asistirán representantes do profesorado, ademáis de membros do Equipo Directivo, contestando ás súas preguntas e dando unha breve explicación sobre a metodoloxía empregada, o funcionamento das titorías, os niveis acadados na Selectividade, a preparación coa que rematan os estudos os nosos alumnos, podendo optar por seguir os seus estudos tendo en conta os seus gustos e capacidades. 
As notas obtidas en Selectividade permítenlles elexir carreira e superar os estudos posteriores con éxito porque teñen amplos coñecementos básicos, e uns hábitos de estudo autónomos e de investigación que facilitan a integración nos Centros Superiores e Universidades e o éxito nos seus futuros resultados. Os nosos Antigos Alumnos avalan a veracidade do que dicimos.

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034