Departamento de orientación


A psicóloga do centro apoia e asesora ás familias de cara a unha optimización da educación personalizada. Ademais, coordina un traballo sistemático de acción titorial con todo o profesorado.
Baixo a responsabilidade da Psicóloga do Centro, os profesores e titores elaboran as adaptacións curriculares para cada un dos alumnos/as con calquera tipo de necesidade educativa (alta, media e baixa dotacional) e facendo un seguimento individual dos mesmos.


Pais/nais e profesores comprometidos nun labor común: ensinárlles a pensar, a ser persoas, a convivir, a comportarse e a decidirse.


Dende a Educación Infantil a Bacharelato, a acción titorial é unha responsabilidade compartida por todo o profesorado, contando cun total de 20 titores e 6 coordinadores.

 

  • Titoría individualizada: un tempo e un espazo para que cada un sexa atendido na súa traxectoria escolar.
  • Titoría en grupo: unha hora semanal para asemblea, expoñer, debater, resolver conflictos e, xuntos, mellorar a convivencia.
  • Delegados de alumnos/as: cada nivel elixe aos seus delegados/as para reunirse en Asemblea e unha vez ao ano co Equipo Directivo.
  • Encontros periódicos dos profesores cos pais/nais: entrevistas, reunións de nivel, informes...
  • Os alumnos/as e o claustro revisan e evalúan o Regulamento de Réxime Interno e las normas de convivencia.

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034