Equipo de profesores

 

Un amplio equipo de profesores (mestres diplomados e licenciados), permite a presencia de especialistas dende a Educación Infantil. Un profesorado innovador, altamente cualificado e habilitado asegura sempre a coordinación pedagóxica mediante o traballo en equipo.

  • Reunións semanais de Departamentos de Área que permiten unha constante renovación e actualización dos programas e unha secuenciación dos contidos.
  • Reunións semanais de Etapa, facilitando o intercambio de información verbal dos alumnos/as de cada nivel educativo e a unificación de criterios organizativos.
  • Reunións quincenais de Seminarios, sendo un Foro de Investigación e Planificación Educativa para tratar cos alumnos/as os acontecementos máis significativos do contorno e do mundo.
  • Reunións de Claustro onde se planifican e evalúan os Proxectos Interdisciplinares do Centro: as festas escolares, as saídas e viaxes de estudos, as semanas culturais, os proxectos solidarios, os obradoiros flexibles, etc.
  • Coidamos a calidade de vida. O equipo educativo atende aos alumnos/as no comedor, sestas, patios, apoio escolar e parte das actividades extraescolares; así como o campamento urbán "Verán Fingoi".  

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034