BAC

Xornada escolar completa de mañá e mediodía e tarde dos martes.

O Colexio FINGOI, convértese dende o curso 1999-2000 no primeiro Centro Privado de Galicia que imparte todas as modalidades de Bacharelato:

- Ciencias

- Artes

- Humanidades e Ciencias Sociais

  • Reforzo académico e apoio individualizado.
  • Titorías individualizadas e de orientación, para a toma de decisións vocacional e profesional.
  • Clases de Reforzo Pedagóxico, incluídas no prezo, voluntarias e fóra do horario lectivo, como atención complementaria para aqueles alumnos/as que o necesiten en calquera momento da súa traxectoria escolar.
  • Diversidade de oferta en materias optativas: Francés, Debuxo Técnico, Cultura Audiovisual, Métodos Estatísticos, Xeografía e Historia de Galicia,TICs, etc.

Temos ampla experiencia na preparación específica, teórica e académica para as Probas de Acceso á Universidade, obtendo un resultado do 100% de aprobados na selectividade, permitindo o acceso directo a calquera Facultade Universitaria.

Selectividade

Ao longo de moitos anos consecutivos, o alumnado de 2º BAC acada o 100% de aprobados na Selectividade, con óptimos resultados.

As notas obtidas en Selectividade permítenlles elexir carreira e superar os estudos posteriores con éxito ao ter adquiridos amplos coñecementos básicos, e uns hábitos de estudo, de tratamento da información e de investigación que facilitan a integración nos Centros Superiores e Universidades e o éxito nos seus futuros resultados.

 

 

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034