Educación infantil

Educación Infantil: de 2 a 5 anos

  • Prestamos especial atención ao período de adaptación, aos ritos e rutinas da vida cotiá (aseo, descanso, comida), ao desenvolvemento emocional e social.
  • Progresiva utilización da lingua escrita e da lingua matemática.
  • Máis de 5 horas á semana de clases con profesores especialistas: música e inglés.
  • Todas as Profesoras, Titoras e de Apoio, con diplomatura universitaria e licenciadas, son especialistas en EI., incluído o profesorado de 2 anos.
  • Aulas especialmente deseñadas para xogar e investigar.
  • Respecto pola lingua materna e introdución do inglés dende os 2 anos, diariamente, en situacións cotiás e de xogo.


Enfoque constructivista

- Pequenos proxectos en torno a intereses manifestados polos alumnos.
- Obradoiros de preparación de festas, cociña, construcións con material de refugallo, ciencias da vida cotiá, arte.
- Recuncho de xogos, xogos de xardín, horto e estanque.
- Saídas á contorna próxima: intercambio con nenos/as de escolas rurais, visita ao museo e exposicións, asistencia a espectáculos infantís (teatro, títeres, contacontos), paseos pola cidade de Lugo.
- Obradoiros heteroxéneos formados por nenos/as e profesores de Infantil e Primaria, permiten cambiar de etapa con confianza.
- Xornada escolar completa de mañá e tarde ou media xornada de mañá para 2 anos.
- Reunións periódicas de nais e pais, entrevistas individuais, informes, etc.

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034