Educación Primaria

Educación Primaria, de 6 a 12 anos

Xornada escolar completa de mañá e tarde.
Ademais de ter en conta o programa oficial, no Colexio Fingoi amplíase o horario con 10 horas lectivas máis, o que permite abordar outros contidos educativos, dando un especial interese a favorecer situacións de expresión e comunicación:

  • Inglés obrigatorio como lingua estranxeira, castelán e galego.
  • Máis horas de Música (coro e música tradicional galega: baile tradicional e instrumentos populares), Plástica e Dramatización, dentro do horario lectivo, obrigatorias e impartidas por profesores especialistas.
  • Unha hora de titoría para o alumnado de todos os niveis de EP.
  • Uso habitual de recursos audiovisuais e ordenador da aula por parte do profesor.

Favorecemos a aprendizaxe activa e cooperativa coa metodoloxía baseada en:

  • Pequenos Proxectos Globalizados, a partir dos intereses dos alumnos/as e dos acontecementos do contorno.
  • Obradoiros flexibles, internivelares e rotativos de matemáticas, escritura creativa, proxectos solidarios, etc.
  • Horto Escolar e Estación Metereolóxica, obradoiro de educación ambiental.
  • Estancias de Educación Ambiental na Granxa de Barreiros.
  • Saídas á contorna próxima, para a toma de contacto con institucións e profesionais de servizos, (limpeza, correos, transportes, sanidade, exposicións, concertos, teatro...).
  • Festas Escolares.
  • Viaxes de estudos.

Reunións periódicas de nais e pais, entrevistas individuais, informes y charlas.

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034