ESO

Xornada escolar completa de mañá e tarde.

Ademais de termos en conta o programa oficial, no Colexio Fingoi en ESO amplíase o horario con 3 horas lectivas máis, o que permite un aumento dos contidos educativos oficiais, distribuídos do seguinte xeito:

  • Reforzo das linguas estranxeiras: Inglés: completamos a ensinanza do Inglés dentro da aula con programas de Inmersión Lingüística en Irlanda (alumnos dende 1º E.S.O.).
  • Francés en 1º e 2º ESO, obrigatorio para todos, e pasa a ser optativa a partir de 3º ESO.
  • Alemán incorpórase en 3º ESO como 2ª lingua optativa.
  • Intercambios Escolares no estranxeiro con centros de outros países europeos.
  • Conversa en grupo en distintos idiomas.
  • Obradoiros e agrupamentos flexibles.
  • Obradoiro de Escritura Creativa e Expresión Escrita.
  • Reforzos académicos e apoio individualizado.
  • Clases de Reforzo Pedagóxico, fóra do horario lectivo, como atención complementaria para aqueles alumnos/as que o necesiten en calquera momento da súa traxectoria escolar.
  • Diversidade de oferta en materias optativas: Francés, Alemán, Informática, Imaxe e Son e Cultura Clásica.
  • Un titor/a por cada 25 alumnos, asistido por psicóloga e orientadora.
  • Programas de Técnicas de Estudo, con orientación e supervisión para o traballo individual de cada alumno/a da ESO.
  • En 4º ESO inícianse titorías individualizadas e de orientación, para a toma de decisións vocacional e profesional.
  • Reunións periódicas de nais e pais.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034