Que inclúe o prezo?

 

O prezo da ensinanza inclúe:


a) Ensinanza regrada

b) Contidos educativos de ensinanza complementaria con ampliación horaria con respecto á ensinanza regrada:

  • Dentro do horario lectivo, ampliación horaria en todos os cursos (EI, EP, ESO) tanto en materias de ensinanza regrada, como en idiomas e ensinanzas artísticas (inglés, francés, teatro, coro, banda infantil, instrumentos populares e baile tradicional, plástica, etc).
  • Departamento de Orientación e Servizo Psicopedagóxico: coordinado pola psicóloga do centro.
  • Clases de reforzo pedagóxico fóra do horario lectivo de 5º EP a BAC.
  • Ensinanza de linguas estranxeiras: Inglés dende os 2 anos; Francés obrigatorio en 1º ESO e 2º ESO, optativo de 3º ESO a 2º BAC.
  • Viaxes e saídas de estudo de 1 día e estancias na Granxa de Barreiros
  • Aplicación directa das TIC’s nas aulas. Intranet-internet, Inglés comunicativo, Aula Multimedia, Software educativo.
  • Experiencias globalizadoras: festas escolares, charlas, mesas redondas, etc.


c) Outros servizos incluidos no prezo:
    

  • Almorzo de media mañá e merendas para os que asisten ás actividades extraescolares.
  • Seguros Escolares. Responsabilidade civil e de accidentes. Asistencia médica.
        


 d) Servizos educativos non incluidos no prezo:

  • Comedor: cociña propia, xestionada polo Colexio Fingoi. Os menús elabóranse con dietas equilibradas, produtos sans, naturais, moitos deles procedentes da nosa granxa ecolóxica, a Granxa de Barreiros (Sarria).
  • Material escolar de uso diario na aula: fotocopias, cadernos, carpetas, material funxible (lápises, bolis, rotuladores, folios), libros biblioteca de aula, material audiovisual, informático, é dicir, todo o que o alumnado necesita para o desenvolvemento da actividade escolar.
  • Viaxes de estudo de máis de 1 día, Intercambios con centros estranxeiros, etc.
  • Transporte escolar (prazas limitadas).


Ensinanza extraescolar


ESCOLA DE ARTE E LECER (Oferta de programa extraescolar)

CENTRO AUTORIZADO DE MÚSICA (Profesional)

(descontos para alumnos do Colexio Fingoi)

ESCOLA DE MÚSICA (dende música para bebés ata ensinanza de adultos de calquera idade)

AULA DE MÚSICA TRADICIONAL

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS

CAMPAMENTO URBÁN “VERÁN FINGOI”

CAMPAMENTO MUSICAL URBÁN. CENTRO DE MÚSICA FINGOI.


Formalización do pago

  • Os prezos establecidos pasaránse en 10 mensualidades de setembro a xuño.
  • Pagarase mes adiantado a través de domiciliación bancaria.
  • As familias con 2, 3 ou máis fillos/as inscritos: descontarase directamente a porcentaxe correspondente no concepto de ensinanza.
  • Petición de baixa: deberá comunicarse só en Secretaría antes do día 30 de cada mes. Do contrario a baixa non surtirá efecto para o mes seguinte, debéndose aboar o importe íntegro do devandito mes.

 

Formalización de matrícula

O abono da matrícula é imprescindible en concepto de reserva de praza e sen proceder á súa devolución.

 

 

 






 

FaLang translation system by Faboba

Rúa Aviación Española, 37 - 27002 Lugo - Tel: 982 221 630 - secretaria@fingoi.com - GPS: 42.998268, -7.554034