|
Este ano, no colexio Fingoi recibimos unha carta do Faraón Tutanfinkón, que nos fixo revivir o antigo Exipto, cos seus habitantes, faraóns e deuses. A través deles, coñecimos os seus costumes, vestimentas, artesanías, danzas, mitoloxía e lendas. A continuación tedes unha pequena mostra dalgunhas das actividades realizadas estes días.
|
|
Ler máis...
|
|
Por fin chega o verán e con el o campamento urbano que organiza, ano tras ano, o colexio Fingoi.
O Verán Fingoi deste ano pretende sorprender, divertir e educar creativamente e en valores, a través dun tema que apaixonou a nenos/as e maiores, estudiosos e exploradores ao longo de toda a historia…o antigo Exipto.
Anímate a compartir connosco unha gran aventura que nos levará ao pasado máis afastado para descubrir os segredos das Tumbas dos Faraóns, a súa misteriosa escritura xeroglífica, as marabillosas historias dos seus deuses…etc.
Para iso desenvolveremos multitude de obradoiros e actividades que, pouco a pouco, cambiarán o espazo do colexio, transformándoo no noso propio Exipto, ao mesmo tempo que xogamos, investigamos, creamos, e convivimos durante dúas semanas. |
|
|
|