
O noso centro dispón de 15000 m2 de espazos abertos e de dotacións nos edificios central e anexos de aulas amplas coa dedicación apropiada dos recursos e medios necesarios segundo as áreas que correspondan. |
 |
| O edificio principal, deseñado polo ilustre Arquitecto galego Manuel Gómez Román, permite hoxe en día a disposición de diferentes espazos que axudan á formación integral do alumnado, así como contar con instalacións propias dentro do recinto escolar, tanto do Centro de Música como da Residencia de Estudantes. |
|