Este ano os nenos e nenas de Educación infantil prepararon para a festa do Nadal un repertorio de danzas. Os máis pequenos, os nenos da Casiña Verde dos Trasnos bailaron "Ring a Ring a Roses". O Pobo do Arco da Vella preparou dúas danzas: a panxoliña "Buscando unha estrela" e "Jingle bells".
Os Artistas danzaron "o meu tío Timoteo" e "A danza rusa". Os Habitantes do Bosque das Lendas bailaron dúas danzas galegas: "A danza das horas" e "a danza das panderetas".