..::..

Acceso usuarios

Nombre de usuario
Recuperar a chave?
Inicio


Viaxe de estudos 1º BAC: Madrid 2010 | Imprimir |
Os pasados 22, 23 e 24 de marzo, o alumnado de 1º de BAC realizou a súa viaxe de estudos a Madrid, como actividade complementaria ó currículo e adianto de contidos de cara ó vindeiro curso. Ó longo dos tres días que durou a estancia na capital, os mozos e mozas puideron ver lugares e exposicións relacionadas coas áreas de Historia, Bioloxía, Física e Química e Artes.
O luns 22 visitaron o Centro de Arte Reina Sofía, os laboratorios Pharma Mar do grupo Zeltia (onde lles explicaron o proceso de busca de medicamentos para combater o cancro a partir da biodiversidade mariña) e, xa á noite, acudiron ó Teatro Real para ver a ópera L’Árbore di Diana de Vicente Soler.

O martes 22 visitaron o Congreso dos Deputados, onde lles explicaron o funcionamento do mesmo e as instalación máis importantes, coma o Salón do Reloxio, o Salón de Pasos Perdidos e o propio hemiciclo. Tamén coñeceron a exposición de Cosmocaixa en Alcobendas, onde participaron nun taller de cargas eléctricas e desfrutaron da exposición permanente e dunha temporal sobre os dinosauros. O día completouse co musical Chicago.

O mércores 24, antes de partir de volta, visitaron o Xardín Botánico, onde contemplaron a exposición “De la selva a la taiga”, un percorrido pola diversidade floral da Terra dende o Polo até o Ecuador.

Sen dúbida, resultou unha viaxe moi instructiva e amena que os alumnos están desexando repetir.
 

Proximos eventos

<< Setembro ’10 >>
Lu Ma Xo Ve Sa Do
  
 1
 2
 3
 4
 5
 6
 7
 8
 9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
GalegoEspañol







Recibe os nosos titulares

[+]
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • blue color
  • default color
  • green color