|
Visita á exposición "Orixes" |
| Imprimir |
|
 |
O pasado xoves, día 15 de abril, o alumnado de Bioloxía de 4º de ESO e de Ciencias do Mundo Contemporáneo de 1º BAC visitou a exposición "Orixes, cinco fitos na evolución humana" que ofrece a Obra social da fundación "la Caixa". |
| A través dos distintos ambientes, recreados nunha atmósfera intimista, podemos achegarnos aos nosos orixes, imaxinando como sería a vida e os costumes daqueles primeiros homínidos que poboaron o planeta e como foi cambiando ata chegar a como somos e como vivimos na actualidade. |
 |
 |
|