|
Estancia dos alumnos franceses |
| Imprimir |
|
 |
O mércores 7 de abril chegaron ao colexio os alumnos do collège Descartes de Antony, acompañados polas súas profesoras, para visitar a cidade de Lugo e outros lugares de Galicia.
Foron acollidos nunha pequena recepción onde se volveron a atopar cos seus compañeiros da viaxe a París e coñeceron a novos amigos do colexio Fingoi. |
Durante a súa estancia, visitaron as cidades de Lugo e Santiago, viron o castro de Viladonga e Taramundi e fixeron un tramo do camiño de Santiago acompañados polos seus correspondentes españois.
O martes 13, logo de participar na vida do colexio e de escoitar música tradicional, fóronse cara a París tras unha emotiva despedida. |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
|