 |
De novo a nosa peculiar cidade romana, Fingoi Augusti, abriu as súas portas para dar mostra do seu esplendor e acoller un intenso debate sobre os seus deuses. Un conxunto de filósofos de Oriente chegou para presentar as súas novas ideas aos conservadores colexios sacerdotais. |
Flámines, flaminicas, pontífices e vestales mostran aos sabios, con axuda dos autores clásicos romanos máis representativos, como funciona o seu mundo divino. Tritones, ninfas, faunos, espíritos infernais e ata dúas lexións moi especiais fixeron acto de presenza nesta colorista festa de fin de curso que trouxo consigo o triunfo culminante dunha deusa moi especial.
|