| Educación Primaria De 6 a 12 anos |
Ademais de ter en conta o programa oficial, no Colexio Fingoi amplíase o horario con 10 horas lectivas máis, o que permite abordar outros contidos educativos, dando un especial interese a favorecer situacións de expresión e comunicación: Inglés obrigatorio como lingua estranxeira, castelán e galego, coa incorporación de francés en 6º EP. |
- Máis horas de música, plástica, informática e dramatización, dentro do horario lectivo, obrigatorias e impartidas por profesores especialistas.
- Unha hora de titoría para o alumnado de todos os niveis de EP.
|
- Obradoiro informático ademais do uso habitual do ordenador na aula.
- Actividades extraescolares, voluntarias e gratuítas ao mediodía.
|
| Favorecemos a aprendizaxe activa e cooperativa coa metodoloxía baseada en: |
- Pequenos Proxectos Globalizados, a partir dos intereses dos alumnos/as e dos acontecementos do contorno.
- Obradoiros flexibles e rotativos, matemáticas, escritura creativa, construcións con material de refugallo, gaita e coiro.
- Horto Escolar e Estación Metereolóxica, obradoiro de educación ambiental.
|
- Estancias de Educación Ambiental na Granxa de Barreiros.
- Saídas á contorno próxima, para a toma de contacto con institucións e profesionais de servizos, (limpeza, correos, transportes, sanidade...).
- Festas Escolares.
- Xornal Escolar.
|
|
Reunións periódicas de nais e pais, entrevistas individuais, informes, Cafés Tertulias: un espazo de intercambio para reflexionar sobre a tarefa educativa compartida. Xornada escolar completa de mañá e tarde.
|
|