| Ademais de termos en conta o programa oficial, no Colexio Fingoi en ESO amplíase o horario con 3 horas lectivas máis, o que permite un aumento dos contidos educativos oficiais, distribuídos do seguinte xeito: |
|
-
Reforzo das linguas estranxeiras: Inglés: completamos a ensinanza do Inglés dentro da aula con programas de Inmersión Lingüística en Irlanda (alumnos 2º E.S.O.) ( ver máis).
-
Ademais do Inglés e Francés, incorpórase o Alemán como 3ª lingua optativa.
-
Intercambios Escolares no estranxeiro con centros de outros países europeos.
-
Conversa en grupo en distintos idiomas e Lector de Inglés, Francés.
-
Obradoiros e agrupamentos flexibles.
-
Estudos Asistidos fóra do horario escolar que pretenden facilitar, para a optimización do rendemento escolar, un lugar de estudo
adecuado para a realización de traballos que estes deben facer ao finalizar as clases. As tarefas que levan son mínimas e son seleccionadas para ir creando un hábito de traballo de acordo cos pais. Diferentes profesores das áreas atenden estes estudos.
|
-
Primeiro Ciclo, máis horas de reforzo de Plástica, Ciencias da Natureza, Sociais e Lingua Castelá.
-
Segundo Ciclo, máis horas de refrzo de Lingua, Matemáticas e Ciencias da Natureza.
-
Reunións periódicas de nais e pais. Estudos asistidos, incluídos no prezo, voluntarios e fóra do horario escolar. Xornada escolar completa de mañá e tarde.
-
Diversidade de oferta en materias optativas: Francés, Alemán. Informática, Multimedia e Comunicación Audiovisual. Cultura Clásica. Obradoiro de Escritura Creativa e Expresión Escrita. Obradoiro de Prensa.
-
Un titor/a por cada 25 alumnos, asistido por Psicóloga e orientadora.
-
Programas de Técnicas de Estudo, con orientación e supervisión para o traballo individual de cada alumno/a da ESO.
|
|